6 de setembro de 2010

Segunda xornada de traballo na I Feira Imaxinaria Contempòránea

O venres día 3 de setembro, o grupo de Evasión ou Vitoria (nesta ocasión Culture Workers, Baleiro, LIBA, Episodio Piloto e Rubén Pardiñas) tivemos a proposta da Universidade Invisíbel, a nosa segunda xornada de traballo con Alg-a, Ergosfera e Olholivre dentro da programación-espontaneidade-convivencia da I Feira Imaxinaria Contemporánea, na finca deste colectivo en Valadares.

Avanzan as propostas, discusións e concrecións en diagramas e próximas reunións de asesoramento técnico para o desenrolo posible dunha estructura de base para as nosas relacións, procesos de producción, futuros profesionais e transformacións do e no social.

A convocatoria do proxecto segue aberta.

Crónica da xornada feita por Ergosfera

Nenhum comentário:

Postar um comentário